Auster, Paul (1947-2024)

Baumgartner / Paul Auster ; traducción del inglés por Benito Gómez Ibáñez - 1ª ed. - Barcelona : Seix Barral , 2024 - 264 p. ; 23 cm - ( Biblioteca Formentor) .

Baumgartner é un eminente escritor e profesor universitario, tan excéntrico como incriblemente tenro, que hai nove anos perdeu á súa muller. A súa vida estivo definida polo amor profundo e duradeiro que sentía cara Anna e agora, con 71 anos, continúa loitando por vivir na súa ausencia.
A súa historia común arrinca en 1968, cando se coñecen como estudantes sen diñeiro en Nova York e a pesar de ser case opostos en moitos aspectos, inician unha apaixonada relación que se prolongará ao longo de corenta anos. A superación do duelo pola perda de Anna intercálase con historias marabillosas -desde a súa mocidade en Newark ata a vida de revolucionario fracasado do seu pai en Europa do Leste- e cunha poderosa reflexión sobre o modo en que amamos en distintas etapas da vida.

1º-2º BAC Adultos/as

9788432243295

821. 111 (73) -31"20"

Coa tecnoloxía Koha