Le Clézio, Jean-Marie Gustave (1940-)
Mondo e outras historias / J.M.G. Le Clézio ; tradución de Raquel Villanueva e Valentín Arias. - Vigo : Edicións Xerais de Galicia, 2008 - 295 p. ; 22 cm. - (Narrativa ; 266) .
En Mondo e outras historias, protagonistas de nomes exóticos (Mondo, Lullaby, Alia, Daniel Sindbadà), rapazas e rapaces que arelan experimentar toda caste de sensacións, descobren as súas propias fantasías grazas a viaxes que realizan a poder de imaxinación. Suxeridoras viaxes que nos levan a Barasali, Dahlar Kebir ou Hazaran, onde a luz, a cor, o sol, rexen as súas vidas que precisan saír ó mar, botárense ó mundo á procura dos seus soños. Son adolescentes, cos seus problemas, que procuran a natureza como elemento liberador. Segundo os seus tradutores galegos, os textos de Le Clézio posúen un 'raro poder', o don poético de abolir as fronteiras, todas as fronteiras, as que separan ao home das cousas, as que separan as cousas entre si, e tamén as fronteiras do home dividido, separado en compartimentos estancos no seu propio existir. Este escritor, tan nostálxico ás veces, representa a vida de hoxe, lamenta a destrución da natureza, a proliferación das cidades de cemento e a tiranía da civilización mecánica na que todos estamos inmersos.
1º-2º BAC Adultos/as
9788497829434
821.133.1-31"19"*V:087.5