Castro, Xosé Antón (1952-)

Laxeiro : a invención dun mundo / Antón Castro. - Vigo : Edicións Xerais de Galicia, D.L. 1997. - 228 p. : il., fot. ; 21 cm. - ( Crónica ) .

A través de dúas voces, a do propio artista -que narra en primeira persoa os acontecementos fundamentais da súa vida- e a do autor, o profesor Antón Castro, entramos na apaixonante aventura de Laxeiro, quizais o pintor que mellor definiu as transformacións estéticas de Galicia no século XX. Dun xeito estructural e seguindo un desenvolvemento a través do tempo, acompañamos ó artista nas diferentes xeografías que condicionaron a súa vida e polo tanto a súa arte e a súa estética, que tivo sempre como referencia a orixe, a tradición e a filosofía escondida nas vellas montañas de Lalín, que el considerou poboadas de momos e mitos. Humanista convencido, fabulador socarrón e burlesco, intérprete privilexiado da realidade que lle tocou vivir, o artista ideou un mundo máxico que conecta coa literatura de Swift, Rulfo, Valle ou Cunqueiro, inzado de entroidos, diaños, sátiros, monstros, ananos e fuanos... e un tipo de pintura tan singular que, medio século despois da súa primeira exposición foi reclamada polos xoves de Atlántica para explicar as inquedanzas estéticas dos 80 desde Galicia, no seo dunha arte que comezaba a planetizarse.



1º-2º BAC Adultos/as

8483021420


Laxeiro (1908-1996)
Laxeiro (1908-1996)


Pintores galegos ---20º século--Biografías.
Pintores gallegos ---20º siglo--Biografías.

75 Laxeiro

Coa tecnoloxía Koha