Conde, Alfredo (1945- )

A casa de Adara / Alfredo Conde - Vigo : Edicións Xerais de Galicia , D.L. 1996 - 142 p. ; 20 cm - Narrativa (Edicións Xerais de Galicia) .

Subiron de novo ó coche e trasladáronse a unha aldeíña veciña uns tres quilómetros, acaso menos. Pararon nunha tenda na que el si foi recoñecido logo de ter preguntado se alguén sabía onde estaba a casa de Adara e de seguida percorreron a pé o camiño asfaltado que constituía a rúa principal da aldea e levaba deica a mansión á penas semioculta por unha curva lene e uns bidueiros altos. Pero non chegaron ata ela. Pasaron por riba da pontella que salvaba o regueiro onde a xente ía a que abeberase a facenda antes de a levar prá corte e subiron un relanzo que hai logo dela pra entrar nunha eira aberta na que, nunha das súas bandas, estaba a vella escola que a el o encheu de recordos tantos. Estaba abandonada, como tamén o estiveran os recordos ata entón.

3º-4º ESO 1º-2º BAC Adultos/as

8475079857

821.134.4-32"19"*CV*CI

Coa tecnoloxía Koha