Klein, Sérgio ( 1963-2010)

Poderosa : diario dunha rapaza que tiña o mundo na man / Sérgio Klein; tradución Mercedes Pacheco Vázquez - Vigo : Edicións Xerais de Galicia, 2008 - 155 p. ; 21 cm. - (Fóra de xogo (Xerais) ; 115) .

Joana Dalva vive cos seus pais, cun irmán pequeno, que é o neno máis pesado do mundo, e coa súa avoa, que pasa os días na cama sacando a pintura da parede coas unllas e que non se decata do que pasa ao seu redor. Este é o ambiente no que vive unha rapaza que soña con ser escritora. Un día fai unha redacción sobre Xoana de Arco e provoca unha reviravolta na historia e nela mesma. Se unha simple redacción podía cambiar o pasado, por que non usar a literatura para cambiar o presente? Joana Dalva non dubida en converter a ficción en realidade. O problema é que cada texto que ela escribe provoca consecuencias imprevistas, orixinando outros textos que traen novos problemas. E o xogo do gato e do rato que acaba escapando do seu control. Para participar nese xogo non é preciso ter a idade de Joana Dalva, nin sentir na pel os conflitos e as espiñas da adolescencia. Esta novela de Sérgio Klein, que obtivo enorme éxito no Brasil, é para todos os lectores e lectoras que cren no poder transformador das palabras.

3º-4º ESO 1º-2º ESO Formación Profesional

9788497828239


Institutos - --Novelas.
Institutos - --Novelas.
Escritura - --Novelas.
Escritura - --Novelas.
Crecimiento personal - --Novelas.
Crecemento persoal - --Novelas.

821.134.3(81)-31"20" 82-3:087.5

Coa tecnoloxía Koha