Vázquez Pintor, Xosé (1946- )

Lume de biqueira / Xosé Vázquez Pintor. - 1ª ed - Vigo : Edicións Xerais de Galicia, 1999. - 276 p. ; 21 cm. - (Fóra de xogo (Edicións Xerais de Galicia) ; 34) .

Vigo de Galicia, días de outono do ano 2001. O neto de Anxo Vilariño Enríquez agradece a memoria do avó, incondicional afeccionado, socio soñador dun Celta galego e campión. O rapaz escoita, en necesarias horas de garda e de terapia para o ancián, a grande novela histórica, utópica do fútbol galego. «Bobi» Vilanova Castro era o máis novo. Acababa de se incorporar, con a penas dezanove anos, ó primeiro equipo do Celta de Vigo, que dirixía o severo adestrador alemán Lav Zilay, un vello triunfador do fútbol europeo que obtivera dous subcampionatos da uefa, finalista na Recopa, o Escudeto italiano e tres clasificacións nos mundiais. Daquela o Celta formaba con Domínguez, na portería; Pretinha, –o lateral dereito que chegara do Botafogo, unha marabilla como carrileiro-, Gaula, Rodri e Garcés na defensa; Outes –o medio centro incansable, recuperador de balóns incribles, oriúndo de Lleida con raíces galegas-, Kristopher –o internacional dinamarqués–, Kaisser e Manríquez na media; e Djuva –a estrela do equipo, o goleador esloveno, o señor da área, o dianteiro listo e cazador dos despistes– e Rodobam na dianteira. Un equipo que o presidente Santaló preparara a golpe de talonario para participar nas competicións europeas. Bobi dera un chimpo sorprendente dende a terceira á primeira división da liga de fútbol profesional; el, soamente el representaba á canteira dos campos da Madroa e de Coia. Bobi andaba fino, era listo coma un allo, roubaba, servía, tocaba con aquel xeito seu, ó pé acariñando ...

1º-2º ESO 3º-4º ESO Formación Profesional

8483023881

821.134.4-31"19/20" 82-3:087.5

Coa tecnoloxía Koha