Montero, Rosa (1951- )

Historia del rey transparente / Rosa Montero - Barcelona : Círculo de Lectores, D.L. 2005 - 478 p. ; 23 cm

Nos séculos XII e XIII Europa viviu unha serie de sucesos que resultan fundamentais como raíces do futuro Renacemento: é a época dos trobadores e do refinamento provenzal, da extensión da ciencia á burguesía, do nacemento do individualismo e da autonomía das cidades. Pero tamén é o tempo de grandes convulsións relixiosas: o conflito da Igrexa católica cos cátaros e o fervor cara aos Santos Lugares, que dará orixe ás Cruzadas contra o Islam. Neste mundo en perpetua ebulición vive Leola, unha adolescente plebeya que tras tomar unha decisión inaudita vivirá unha existencia aventureira na Francia das loitas feudais.

Leola ten quince anos e un noivo que se chama Jacques. Traballa o campo co seu pai e o seu irmán. Vasallos dun señor feudal francés, que á vez é vasallo do Rey de Aragón, sofren as consecuencias das continuas guerras e desolacións, e levan unha vida mísera. Son como animais domésticos dos “homes de ferro”, eses cabaleiros voraces e brutais que regan co seu sangue os campos que eles aran. Un día, o amo reclama a todos os homes dispoñibles para a batalla e Leola queda soa. É entón, #ante a rabia da inxustiza, cando toma unha insólita decisión: disfrazarse coa armadura dun cabaleiro para protexerse da violencia que a rodea.

Como poderá sobrevivir e ocultar o engano de facerse pasar por un home? Afortunadamente, recibirá a axuda doutros seres como ela, desprazados e feridos no máis profundo da alma: un guerreiro desposuído dos seus bens que vaga dun lado a outro, un mestre na arte de loitar que lle ensina con dureza e eficacia a defenderse e atacar, e sobre todo Nyneve, compañeira de armas que di ser bruxa e coñecer ao mago Merlín e ao Rey Arturo. Ela ensínalle a saír da inxenuidade e a incultura na que vive e faille partícipe dos mitos e lendas que alimentan a fantasía medieval. No horizonte sempre está Avalon, a illa na que só viven mulleres, onde non existe a morte e sempre é primavera, gobernada por unha raíña extraordinariamente sabia e fermosa. Se é triste ser muller nun mundo violento, Avalon exerce de talismán para non renderse, para confiar no amencer dun mundo mellor.

8467216026


Mujeres --Novelas
Mulleres --Novelas

821.134.2-31"19"

Coa tecnoloxía Koha