Carrera, Valentín

Riosil : Unha marea no Gran Sol Valentín Carrera - 1ª ed. - Vigo Xerais 1990 - 171 p. : fot. b/n 21 cm

Premio Blanco Amor, 1990

O mar céltico. A mítica plataforma dos pescadores de altura. O vello mar dos navegantes antigos. O mito de Breogán. A verde Irlanda. O peixe a pastorear nos fondos da inmensa chaira submariña. O Gran Sol.Pescadas, rapantes, marucas, rodaballos, sapos, luras, bacallaus... Velaquí a novela do mar a través dos seus principais protagonistas: a tripulación dun arrastreiro que fai as mareas da Chápelle, Penmac´h e Melville diante das costas de Irlanda e da Bretaña loitando pola supervivencia, apandando coas leis do mercado, a frustración e a soidade. Tamén coas normas da C.E.E., que se dictaron sen contar con eles.Galicia ten 1.300 quilómetros de costa, é a terceira potencia pesqueira do mundo e, sen embargo, carece dunha novela do mar. Decenas de barcos saen decote dos peiraos de Burela, A Coruña, Marín ou Ribeira cara ós ricos caladoiros do Gran Linguado. Unha boa parte da nosa poboación vive coma os homes do Riosil. Moitos acaban do mesmo xeito.

3º-4º ESO

8475074960


Mares e océanos
Mareas
Pesca
Peixes


O Gran Sol

82 N

Coa tecnoloxía Koha