Gallego Abad, Elena (1969- )

Dragal I : a herdanza do dragón / Elena Gallego Abad. - 7ª ed. - Vigo : Xerais, D.L. 2014 ( - 258 p. ; 21 cm. - (Fóra de xogo ; 128) .

Acaroado na fachada da igrexa de San Pedro, o dragón de pedra agarda que chegue o tempo no que Dragal recobre a vida. Hadrián aínda non o sabe, pero el é o elixido para conseguir que se cumpra a profecía. Mais, quen pode imaxinar que o vello templo medieval agocha as claves para atopar a senda do último dragón galego? Un antigo medallón de metal en estado vivo, herdanza do seu pai, será a chave que lle abrirá a Hadrián as portas para cumprir co seu destino. Para atopar respostas, o mozo tamén deberá buscar nos libros prohibidos da vella biblioteca do seu bisavó e mergullarse nos segredos que agochan as augas da Poza da Moura. Só grazas á amizade de Mónica, compañeira de clase no instituto, e coa complicidade de don Xurxo, o cura da parroquia, Hadrián poderá percorrer a senda que, os cabaleiros da Orde de Dragal deixaron aberta para el moitos séculos atrás. Primeira novela da autora, coa que se inicia, ademais, a triloxía de “Dragal, o dragón galego”.

9788499141343

82-3:087.5

Coa tecnoloxía Koha