Ámote / Xosé Carlos Caneiro
por Caneiro, Xosé Carlos (1963- ) [autor/a]
.
Tipo: 
Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES Universidade Laboral Sala préstamo | 821.134.4-31"20"*R CAN ámo | Dispoñible | OED027000001436 |
|
Ámote é unha novela de amor ou, tal vez, un soliloquio que quere converterse nunha gran novela de amor. O protagonista é un periodista misántropo, bebedor, entusiasta, bohemio e romántico que se namora de todas as mulleres que coñece. Nunca é correspondido.Para espantar a tristeza crea o seu propio amor, que nunca sabemos se é ficticio ou real. Unha dama de ollos verdes que o acompaña dende a súa infancia, que o amoa desesperadamente e o axuda a sobrevivir. Cunha prosa envolvente, atenta aos sentimentos e de forte poder evocador, Caneiro crea un universo narrativo elaborado desde a emoción da palabra e o triunfo da ficción. Cun protagonista inesquecibel, con voz e personalidade propia, que racha as convencións e chega a facerse palpable, omnipresente, mesmo veraz. Desde o Bardamu de Louis Ferdinand Céline, nunca un personaxe novelesco falou de maneira tan directa e sincera ao lector. O amor, a emoción da palabra en si mesma, o sentimentos do ser humano, a soidade, a ilusión e a felicidade son os temas duna novela que nos conta unha historia dunha pàixón irrepetibel, froito da capacidade creadora dun dos grandes narradores galegos de hoxe.
1º-2º BAC
Adultos/as