Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Os fillos do lume / Pedro Feijoo

por Feijoo Barreiro, Pedro (1975-).
Tipo: MonografíaSeries: (Narrativa ; 412).Editor: Vigo : Xerais , 2017 Edición: 1ª edición xunio 2017.Descrición: 499 p. : adicatoria do autor ; 22cm.ISBN: 978 8491212317.Resumo: Poucas cousas cambian a vida dunha persoa. Presenciar un asasinato é unha delas. A Porta do Sol é unha festa. Risos, barullo. Na praza ateigada de xente só uns poucos saben o que está a piques de acontecer. E, aínda así, ningún dos asistentes esquecerá xamais esta tarde de domingo. Un disparo camuflado no rebumbio, o alcalde botando a man ao peito antes de caer. Aí está o comezo dunha investigación que nos levará dous séculos atrás, perseguindo as sombras do barrio vello, escoitando os silencios dunha cidade chea de preguntas incómodas, rúas de sinais esquecidos e imaxes que non son o que aparentan. Os mellores segredos sempre son os que se ocultan aí, nese lugar á vista de todos. Regresan os personaxes de "Os fillos do mar", a novela que deu a coñecer a Pedro Feijoo, para enfrontarse a unha das intrigas mellor protexidas na historia da cidade de Vigo: a da súa fundación.
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Dispoñibilidade Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable IES Universidade Laboral
Sala préstamo
821.134.4-31"2" FEI fil Dispoñible OED027000001554

Poucas cousas cambian a vida dunha persoa. Presenciar un asasinato é unha delas. A Porta do Sol é unha festa. Risos, barullo. Na praza ateigada de xente só uns poucos saben o que está a piques de acontecer. E, aínda así, ningún dos asistentes esquecerá xamais esta tarde de domingo. Un disparo camuflado no rebumbio, o alcalde botando a man ao peito antes de caer. Aí está o comezo dunha investigación que nos levará dous séculos atrás, perseguindo as sombras do barrio vello, escoitando os silencios dunha cidade chea de preguntas incómodas, rúas de sinais esquecidos e imaxes que non son o que aparentan. Os mellores segredos sempre son os que se ocultan aí, nese lugar á vista de todos. Regresan os personaxes de "Os fillos do mar", a novela que deu a coñecer a Pedro Feijoo, para enfrontarse a unha das intrigas mellor protexidas na historia da cidade de Vigo: a da súa fundación.

1º-2º BAC

Adultos/as

Coa tecnoloxía Koha