Días de desterro / Xavier López Rodríguez
por López Rodríguez, Xavier (1956- )
.
Tipo: 
Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES Universidade Laboral Sala préstamo | 821.134.4-3:087.5 LÓP día | Dispoñible | OED027000001704 |
|
Novela breve que, en a penas noventa intensas páxinas redactadas en forma de quince cartas, narra unha historia turbulenta, un pasado de droga e delicuencia que a xustiza non lle deixa esquecer ó protagonista. Un xove de vintedous anos, ex-heroinómano e enfermo de sida, vese obrigado a fuxir da cidade para evitar entrar na cadea por un atraco que cometeu hai catro anos. O encontro inesperado co mundo rural permitiralle coñecer unha sociedade chea de vellos onde as cousas parecen máis sinxelas e os praceres e as relacións humanas, quizais, máis auténticas. Unha novela que atrapa ó lector desde a primeira páxina e que formula múltiples interrogantes sobre a problemática actual da mocidade urbana: a droga, a sida, o desemprego... Unha novela comprometida e polémica que promoverá un grande debate entre os lectores.
1º-2º ESO
3º-4º ESO
Formación Profesional