Galicia, Galicia : antoloxía dunha década de periodismo crítico (1989-1999) / Manuel Ribas, Xosé Mato.
por Rivas, Manuel (1957- )
; Mato, Xosé
.
Tipo: 
Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES Universidade Laboral Sala préstamo | 821.134.4-92"19" RIV gal | Dispoñible | OED027000001882 |
|
|
Prestable | IES Universidade Laboral Depósito | 821.134.4-92"19" RIV gal | Dispoñible | OED027000001883 |
|
|
Prestable | IES Universidade Laboral Depósito | 821.134.4-92"19" RIV gal | Dispoñible | OED027000001884 |
|
Galicia, Galicia recolle a obra xornalística sobre o noso país producida por Manuel Rivas nos dez últimos anos. A edición, a cargo de Xosé Mato Fondo, está organizada nas seguintes series: “O conservador país onde non existen os conservadores” (Premio Fernández Latorre de periodismo); “No mellor país do mundo” (serie publicada en La Voz de Galicia); “Terra Cha, cha, cha, cha” (sobre a viaxe de Manuel Fraga a Cuba); “A Campaña do Ogro” (sobre as eleccións de 1993); “A Campaña do Botafumeiro” (sobre as eleccións de 1997); “O gaiteiro solitario” (serie publicada en A Nosa Terra); “Toca madeira” (serie publicada en La Voz de Galicia); “O pleonasmo de Don Manuel”; “Oración fúnebra pola Orquestra do Vento” (texto lido con motivo da homenaxe ós mortos na Guerra Civil, en Tui no pasado mes de agosto). A liberdade é a máis preciosa posesión da imaxinación, dise na significativa cita de Ambrose Bierce que abre este libro. Galicia, Galicia é un exercicio que aúna liberdade, imaxinación e humor, as tres mellores lanzadeiras do tear da tradición cultural galega. O estilo non é de arroutada senón dunha tranquila sátira enfiada con sutileza ó longo de dez anos de periodismo crítico. A lectura de “No mellor país do mundo”, por exemplo, escrita no comezo da xeira Fraga, resulta hoxe dunha comicidade delirante pero é tamén dunha sorprendente e cumprida profecía.
3º-4º ESO
1º-2º BAC
Formación Profesional
Adultos/as