Vista normal Vista MARC Vista ISBD

A carreira do salmón / Suso de Toro ; edición de Maruxa Guitián.

por Toro, Suso de (1956- ); Guitián, Maruxa.
Tipo: MonografíaSeries: ( Crónica ).Editor: Vigo : Xerais, [2001] Descrición: 319 p. ; 22 cm.ISBN: 8483027038.Materia(s): Xornalismo -- Galicia | Periodismo -- GaliciaResumo: A carreira do salmón é agónica, unha forma de vivir e avanzar coma unha condea. Este libro, escrito con labaradas de rabia e refachos de frustración, fala máis dos esforzos e da canseira dos que intentan realizar a ilusión da liberdade desde a Galiza que dos froitos e avances conseguidos na última década nesa angueira. A carreira do salmón, unha antoloxía da obra xornalística de Suso de Toro, preparada por Maruxa Guitián Montero, tanto da publicada como da que ata agora permaneceu inédita, recolle a mirada vivificante do escritor que esculca o mundo que o rodea, a sensibilidade do artista que non permanece xordo ou cego diante dos problemas que se presentan na sociedade do seu tempo. Suso de Toro escribe dende a súa subxectividade sobre os máis diversos temas sociais e políticos do noso tempo (dende a contaminación acústica ás tripas do actual mundo tecnolóxico, dende o debate sobre a legalización das drogas á pobreza económica e moral na que viven milleiros de persoas, dende a discriminación das mulleres ás voces do pensamento solidario, dende o futuro do idioma ao papel dos creadores, dende a problemática nacional galega á configuración política do estado... e faino dende un pensamento radicalmente individual, lucidamente contemporáneo e insubmiso, achegándose ao colectivo e tomando partido ata mancharse: polas causas do humanismo, da nación, do mundo, da vida, da esperanza. Para Suso de Toro nesta carreira do salmón o futuro só queda aberto para os que teñan azos e vontade.
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Dispoñibilidade Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable IES Universidade Laboral
Sala préstamo
821.134.4-92"19" TOR car Dispoñible OED027000001947

A carreira do salmón é agónica, unha forma de vivir e avanzar coma unha condea. Este libro, escrito con labaradas de rabia e refachos de frustración, fala máis dos esforzos e da canseira dos que intentan realizar a ilusión da liberdade desde a Galiza que dos froitos e avances conseguidos na última década nesa angueira. A carreira do salmón, unha antoloxía da obra xornalística de Suso de Toro, preparada por Maruxa Guitián Montero, tanto da publicada como da que ata agora permaneceu inédita, recolle a mirada vivificante do escritor que esculca o mundo que o rodea, a sensibilidade do artista que non permanece xordo ou cego diante dos problemas que se presentan na sociedade do seu tempo. Suso de Toro escribe dende a súa subxectividade sobre os máis diversos temas sociais e políticos do noso tempo (dende a contaminación acústica ás tripas do actual mundo tecnolóxico, dende o debate sobre a legalización das drogas á pobreza económica e moral na que viven milleiros de persoas, dende a discriminación das mulleres ás voces do pensamento solidario, dende o futuro do idioma ao papel dos creadores, dende a problemática nacional galega á configuración política do estado... e faino dende un pensamento radicalmente individual, lucidamente contemporáneo e insubmiso, achegándose ao colectivo e tomando partido ata mancharse: polas causas do humanismo, da nación, do mundo, da vida, da esperanza. Para Suso de Toro nesta carreira do salmón o futuro só queda aberto para os que teñan azos e vontade.

1º-2º BAC

Adultos/as

Coa tecnoloxía Koha