Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Pel de lobo / Xosé Miranda

por Miranda, Xosé (1955- ).
Tipo: MonografíaSeries: (Fóra de xogo (Xerais) ; 66).Editor: Vigo : Edicións Xerais de Galicia , 2015 Edición: 18ª ed.Descrición: 101 p. ; 21cm.ISBN: 9788483028650.Resumo: Fulxencio Nóvoa e o seu fillo Xosé tiñan sona de bos tiradores e solicitábanos dos pobos para que fosen matar lobos. Desta volta, Xosé, un mozote de dezasete anos, dará conta en primeira persoa do acaecido na chamada que lles fixeron as xentes do Incio, na procura dun lobo enorme, que algúns din completamente negro e outros branco, unha besta que xa comeu un par de nenos e unha rapaciña que pastoreaba o gando. Alí no Incio, Xosé coñecerá a beleza inquedante das irmáns Ana e Aurora e enfrontarase ás gadoupas dun animal que non ten medo do home nin do lume. Este é o arranque argumental de Pel de lobo. Unha novela de aventuras e terror que recrea o mito popular e literario do lobishome. Escrita nunha prosa de alta calidade literaria, empregando unha lingua popular moi puída, Xosé Miranda crea nesta novela engaiolante a atmosfera desacougante das fazañas e das crenzas sobre o lobo nas aldeas da montaña luguesa. Aventuras e crenzas que non lle impiden recoller noutros fíos narrativos unha misteriosa historia de amor e de descubrimento iniciático da vida adulta, o debate sobre as ideas de redención dos foros, o mundo mítico e as crenzas populares da aldea, ou as historias de cazadores. Pel de lobo constitúe unha homenaxe á memoria de tódolos habitantes das montañas de Lugo e Ourense, a súa fala e a súa concepción do mundo. Unha homenaxe, tamén, o traballo dos antropólogos e escritores galegos como Laureano Prieto, Vicente Risco, Fiz Vergara Vilariño, Uxío Novoneyra ou Anxel Fole, que impregnaron coas súas historias as páxinas desta magnífica obra, dirixida tanta a público xuvenil como adulto.
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Dispoñibilidade Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable IES Universidade Laboral
Sala préstamo
82-3:087.5 MIR pel Dispoñible OED027000002666
Prestable IES Universidade Laboral
Sala préstamo
82-3:087.5 MIR pel Dispoñible OED027000002667
Prestable IES Universidade Laboral
Sala préstamo
82-3:087.5 MIR pel Dispoñible OED027000002668
Prestable IES Universidade Laboral
Sala préstamo
82-3:087.5 MIR pel Dispoñible OED027000002669
Prestable IES Universidade Laboral
Sala préstamo
82-3:087.5 MIR pel Dispoñible OED027000002670
Prestable IES Universidade Laboral
Sala préstamo
82-3:087.5 MIR pel Dispoñible OED027000002671
Prestable IES Universidade Laboral
Sala préstamo
82-3:087.5 MIR pel Dispoñible OED027000002672

Fulxencio Nóvoa e o seu fillo Xosé tiñan sona de bos tiradores e solicitábanos dos pobos para que fosen matar lobos. Desta volta, Xosé, un mozote de dezasete anos, dará conta en primeira persoa do acaecido na chamada que lles fixeron as xentes do Incio, na procura dun lobo enorme, que algúns din completamente negro e outros branco, unha besta que xa comeu un par de nenos e unha rapaciña que pastoreaba o gando. Alí no Incio, Xosé coñecerá a beleza inquedante das irmáns Ana e Aurora e enfrontarase ás gadoupas dun animal que non ten medo do home nin do lume. Este é o arranque argumental de Pel de lobo. Unha novela de aventuras e terror que recrea o mito popular e literario do lobishome. Escrita nunha prosa de alta calidade literaria, empregando unha lingua popular moi puída, Xosé Miranda crea nesta novela engaiolante a atmosfera desacougante das fazañas e das crenzas sobre o lobo nas aldeas da montaña luguesa. Aventuras e crenzas que non lle impiden recoller noutros fíos narrativos unha misteriosa historia de amor e de descubrimento iniciático da vida adulta, o debate sobre as ideas de redención dos foros, o mundo mítico e as crenzas populares da aldea, ou as historias de cazadores. Pel de lobo constitúe unha homenaxe á memoria de tódolos habitantes das montañas de Lugo e Ourense, a súa fala e a súa concepción do mundo. Unha homenaxe, tamén, o traballo dos antropólogos e escritores galegos como Laureano Prieto, Vicente Risco, Fiz Vergara Vilariño, Uxío Novoneyra ou Anxel Fole, que impregnaron coas súas historias as páxinas desta magnífica obra, dirixida tanta a público xuvenil como adulto.

Coa tecnoloxía Koha