Matádeo mañá : [memorias dun aviador galeguista republicano entre a guerra e o exilio] / Elixio Rodríguez.
por Rodríguez Domínguez, Elixio [autor/a]
.
Tipo: 






Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES Universidade Laboral Sala préstamo | 929 ROD mat | Dispoñible | OED027000001894 |
|
Matádeo mañá é un testemuño autobiográfico excepcional; a reconstrución do emocionante periplo vital deste aviador galeguista durante a Guerra Civil: un tempo ralentizado polo cárcere, o terror dos paseos, a súa fuxida cara ao bando republicano, os xuízos sumarísimos que sufriu e o seu traballo como secretario da Solidaridade Antifeixista Galega xunto con Castelao. Tamén é unha memoria lúcida do exilio galego en México, onde Elixio Rodríguez foi un dos promotores da emisión radiofónica A hora de Galicia e do Padroado da Cultura Galega e colaborador teimudo da revista Vieiros que dirixían Luís Soto e Carlos Velo, «xérmolo e vangarda política dun anovado nacionalismo galego», en palabras do historiador Elixio Villaverde, autor do limiar destas memorias apaixonantes. Este é un relato trepidante de feitos históricos, políticos, diplomáticos e bélicos, que constitúe unha grande achega á nosa memoria colectiva. Esta segunda edición destas memorias, consideradas como un dos cumes do xénero autobiográfico en lingua galega, foi revisada e corrixida polo autor antes do seu pasamento, á que se lle engadiu un índice onomástico e un adral de Aser Alvarez.
1º-2º BAC
Adultos/as