Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Asasinato no Orient Express / Agatha Christie ; traducción, Alberto Álvarez Lugrís.

por Christie, Agatha (1890-1976 ) [autor/a]; Álvarez Lugrís, Alberto [tradutor/a].
Tipo: MonografíaSeries: Biblioteca Agatha Christie (Galaxia) ; 1.Editor: Vigo : Galaxia , imp. 2000 Descrición: 248 p. ; 20 cm.ISBN: 8482883860.Materia(s): Poirot, Hercule (Personaxe de ficción) | Poirot, Hercule (Personaje de ficción)Resumo: Hercule Poirot resolverá o crime do mítico tren neste clásico da novela negra. Coincidindo co 25 cabodano da escritora inglesa Agatha Christie, tan apreciada entre xente de moitos países e de todas as idades e falecida o 12 de xaneiro de 1976, Editorial Galaxia abre unha colección nova, a Biblioteca Agatha Christie, coa publicación do primeiro dos seis títulos previstos. Trátase do libro Asasinato no Orient Express, do que tamén se fixera, hai anos, un filme de moito éxito. O detective belga Monsieur Hercule Poirot vese confrontado cunha serie de asasinatos misteriosos nese mítico tren que era o Orient Express. Serán as súas dotes dedutivas e o seu enxeño detectivesco dos que ten que botar man para aclarar a orixe dos crimes que ameazan o grupo internacional de viaxeiros no convoi. Gracias ao seu gran coñecemento da psicoloxía humana —e sempre disposto a desconcertar cos seus comentarios retranqueiros— consegue non deixarse enganar e solucionar o caso. É a primeira vez que este clásico do xénero, escrito en 1934 e agora traducido por Alberto Álvarez Lugrís, aparece en lingua galega.
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Dispoñibilidade Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable IES Universidade Laboral
Sala préstamo
821.111-31"19"*I CHR asa Dispoñible OED027000002910

Hercule Poirot resolverá o crime do mítico tren neste clásico da novela negra. Coincidindo co 25 cabodano da escritora inglesa Agatha Christie, tan apreciada entre xente de moitos países e de todas as idades e falecida o 12 de xaneiro de 1976, Editorial Galaxia abre unha colección nova, a Biblioteca Agatha Christie, coa publicación do primeiro dos seis títulos previstos. Trátase do libro Asasinato no Orient Express, do que tamén se fixera, hai anos, un filme de moito éxito.
O detective belga Monsieur Hercule Poirot vese confrontado cunha serie de asasinatos misteriosos nese mítico tren que era o Orient Express. Serán as súas dotes dedutivas e o seu enxeño detectivesco dos que ten que botar man para aclarar a orixe dos crimes que ameazan o grupo internacional de viaxeiros no convoi. Gracias ao seu gran coñecemento da psicoloxía humana —e sempre disposto a desconcertar cos seus comentarios retranqueiros— consegue non deixarse enganar e solucionar o caso.
É a primeira vez que este clásico do xénero, escrito en 1934 e agora traducido por Alberto Álvarez Lugrís, aparece en lingua galega.

Coa tecnoloxía Koha