Manu Chao : música e liberdade / Alessandro Robecchi ; traducción de Cristina González Piñeiro e Moisés R. Barcia.
por Robecchi, Alessandro ( 1960-)
; González Piñeiro, Cristina
; Barcia, Moisés (1971- )
.
Tipo: 


Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES Universidade Laboral Sala préstamo | 929 ROB man | Dispoñible | OED027000001895 |
|
Segundo Eduardo Galeano, “Manu Chao. Música e liberdade”, do xornalista musical italiano Alessandro Robecchi, "non é unha biografía dun rock star pola sinxela razón de que Manu Chao non é un rock star, senón máis ben un rock wind, e non se pode retratar o vento. O autor deste libro métese nese vento que se mete nos mundos do mundo, e convídanos a voar". Robecchi reconstrúe a traxectoria vital e musical de Manu Chao dende os comezos dos Hots Pants e Los Carayos á paixón insurrecta de Mano Negra, á aventura do cargueiro Melquíades, e á Colombia do Expreso de xeo e lume, momento no que chegou a se converter no verdadeiro líder do grupo. Esta primeira biografía continúa co seu camiñar musical en solitario, abordando tanto o éxito radical dos seus discos Clandestino e Próxima Estación... Esperanza, como das súas estancias en Barcelona, ou o seu último concerto en Lalín, nunha traxectoria ascendente cara ao número un de tódalas listas musicais de Sudamerica e Europa, gracias á mestizaxe musical que fai que as súas cancións non pertenzan a un só lugar senón a todo o mundo. Xurxo Souto e Xosé Manuel Pereiro reivindican no libro a pegada galega da obra de Manu Chao e reviven a súa estadía en Galicia. Na introducción de Xurxo Souto, "Manu Chao en Galiza, ou a aventura da Feira das mentiras", descríbese o encontro de Manu Chao coa terra dos seus maiores, a terra e as xentes de Bastavales, a unión co movemento Bravú, a participación na Caravanne des Quartiers e a celebración en Santiago, no agosto de 1998, da Feira das Mentiras. Pola súa banda, o xornalista Xosé Manuel Pereiro escribe un epílogo, "Ciao, Manu", no que revive a última estadía de Manu Chao en Galicia, en Lalín no mes de agosto de 2001, "unha festa realmente global", e no que valora o papel da proposta musical de Manu Chao na sociedade actual.
1º-2º BAC
Adultos/as